domingo, 24 de julio de 2011

Aclaraciones a "Unha ferida sangrante"

“Rafael Pillado: Unha ferida sangrante. ACLARACIONES”
Anxo F. Currás
O 10 de marzo Rafael Pillado arremeteu, de forma pouco ortodoxa, contra a reportaxe de Rosa Cal que saíra o domingo anterior no Diario de Ferrol titulado “El 10 de marzo de 1972 en los principales periódicos europeos” , se puede leer en http://ferrol1972.blogspot.com/. Vou aclarar algunhas das suas críticas:
- “intentos de reescribir a historia”. É unha suspeita e afirmación gratuita, como moitas máis, a reportaxe “intenta aportar datos novos e non repetir o que xa se sabe”, en xornalismo e na historia o valor dos escritos está no “que aportan de novo sobre o que xa existe”.
Se extrapola que para Pillado a “historia do 10 de marzo está rematada”, pois non é así, sempre e cando poda engadirse algo novo, e incluso o enfoque dos feitos se faga desde posicións diferentes. Por exemplo, é doado dicir “os sucesos recorreron España”, pero entón en España había prensa privada e prensa do movemento ¿cómo o contaron uns e outros?. Hai moito por facer todavía
- “aparentemente intenta unha “investigación” un canto”. Máis opinións atrevidas, son casi inexistentes os adxectivos na investigación de Rosa Cal, “ela non opina” logo non intenta modificar nada. Claro que é investigación porque foi ao documento primario “o mesmo periódico estranxeiro, e recolle o que di o periódico, non o que pensa ela. É moi doado decir “os feitos recorreron o mundo”, pero é máis difícil aportar datos, y eso foi o que fixo ela.
- Fala Pillado de “deformación da historia”, daquela é a prensa internacional quen a deforma, xa que a tese da reportaxe é “el reflejo dos sucesos de Ferrol na prensa internacional”
- “Pero la información más clara, contundente y comprometida era la clandestina”, claro home, en situación dictatorial a información que se pode aproximar máis á verdade, en caso de conflicto especialmente é a clandestina, sinselamente porque a verdade non se pode expresar libremente.
- “Moncho Reboiras non “fue muerto, foi asasinado”; non foi ferido: foi morto acribillado a balazos
- Critica Pillado : “Ferrol Diario non era o único periódico estaban tamén El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, etc.,” . NON, En Ferrol só había entón, e hai agora, un periódico na cidade, pero o que sí había e hai son “Delegacións”, e corresponsalías, e enviados especiais cando é o caso. Rosa Cal é profesora de Historia do periodismo e entenderás que afine os términos.
- “En terceiro, si había “una estructura clandestina de partidos de izquierda”, ¿terán nomes e apelidos?”. Non se trataba de repetir eso, era outro o enfoque, e xa está dito
- “Ó parecer, estaba soio a UPG, xa que a señora Cal, fai referencia ao seu informe e non recolle ningunha outra aportación”. Me consta que a Sra. Cal dispón de oito informes de autores diferentes, no seu momento os dará a coñecer. Por certo o de as CCOO é de marzo do 1974.
- Ás comisions obreiras, ao PC citano xornais internacionais. Non se pode poñer nun artigo todo o que se sabe dun tema, é máis, nen se debe facer. Quizais unha segunda lectura “ate o final” da reportaxe te deixaría as ideas máis claras.
Pillado, pola tuas críticas máis parece que tiveras algo contra Moncho Reboiras, o “ad hominem” de Rosa Cal. Recordando o caso de Semprum e o PC. Termino con dous exemplo.
O Informe de Moncho Reboiras “Galiza. Un mes de represión. Marzal 1972”, redactado e divulgado a fináis de abril ou maio do 1972, foi reproducido na revista trimestral A Trabe de Ouro nº 24, tomo IV do ano 1995, trae unha nota a pe de páxina que dí: “Este informe, de autoría exclusiva de Reboiras, foi publicado clandestinamente a ciclostil en 1972, de forma anónima, como nº especial de Terra e Tempo , órgano da UPG. Reproducímolo como homenaxe ao comunista e patriota morto”. Busca a revista e na páxina 605 o podes ver.
Tema Semprún